Ayudas para acciones silvícolas de prevención de los daños causados a los bosques por incendios, desastres naturales y para el incremento de la capacidad de adaptación

EXTRACTO de la Orden de 12 de diciembre de 2017 por la que se establecen las bases reguladoras de las ayudas para acciones silvícolas de prevención de los daños causados a los bosques por incendios, desastres naturales y para el incremento de la capacidad de adaptación y del valor ambiental de los ecosistemas forestales, cofinanciadas por el Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) en el marco del Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020, y se convocan para el año 2018.

Reloj Período Período: 09/01/2018 al 19/02/2018
Qué:Medio Ambiente
Quién:Particulares
Dónde:Galicia

Descripción

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para acción silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR605A), a través de dúas liñas de axuda.
2. As dúas liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.
b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.
3. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1.c), 21.1.d), 24 e 25 do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello (DOUE do 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.

Cuantía

As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2018 e 2019, con cargo aos seguintes códigos de proxecto:
– 13.02.713B.770.0.2016 00209, por un importe de 6.000.000 de euros distribuídos do seguinte xeito:
• 600.000 euros no ano 2018.
• 5.400.000 euros no ano 2019.
– 13.02.713B.770.0.2016 00210 por un importe de 1.000.000 de euros distribuídos do seguinte xeito:
• 100.000 euros no ano 2018.
• 900.000 euros no ano 2019.
A intensidade da axuda para estas actuacións será do 100 % e a axuda calcularase sobre o custo real do investimento determinado no correspondente proxecto técnico, tendo en conta o anexo VIII, en que figura o cadro de importes máximos subvencionables por cada tipo de actuación.

Beneficiarios

1. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores. Non se admitirá a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán beneficiarios as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Para poder acceder a estas subvencións as CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos do ano 2016, de acordo co establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.

Solicitudes

Ver bases reguladoras.

Plazo

O prazo de presentación de solicitudes será trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Datos Organismo Otorgante

Consejería de Medio Rural y del Mar

Teléfono: 981 546 109

Sitio Web: http://mediorural.xunta.es/

Enlaces: Acceso información pública oficial